Díaz Reimunde, BlancaTitulación: Periodismo
¿Por qué te decidiste por el máster de la Escuela de Medios de La Voz?
Porque o meu obxectivo tanto personal como laboral é establecerme en Galicia e contribuir ó seu avance, e o máster de La Voz pareceume unha das mellores opcións.
¿Qué es lo que te ha aportado el MEP?
O MEP motivoume para que de agora en diante intente profundizar en algúns aspectos da miña profesión, e tamén da miña personalidade. Este curso aprendín de persoas do ámbito da comuncación, estiven ao lado da redacción central de La Voz e durante o mes de prácticas puiden vivila en primeira persoa. Pero o máis importante que me queda, sen ningunha dúbida, son os alumnos (agora amigos) que fixeron o MEP comigo.
¿A qué te dedicas ahora?
Estou realizando unha beca de estancia formativa no departamento de comunicación da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e rematando un máster en comunicación dixital e periodismo. Ah! e buscando unha academia de inglés
¿Recuerdas alguna anécdota de tu promoción?
Recordo moitas anécdotas e cousas míticas: oberobreo, viva-viva, "hay que hacer una lista", algún sketch de Martes y Trece, os diálogos de películas vía facebook, os escritos célebres de Rachel, as frases lapidarias de Luis, o acento brasileiro, o venezolano ("lo guindo!"), "vienes a la tortilla?", a hora da merenda (tilín), os furunchos, farunchos, furanchos? de Cris, as ceas no Ría de Vivero.
¿Te gustaría volver a contactar con algún alumno?
Manteño o contacto con todos, e espero seguir así.







